Thursday 19 de September de 2024

Aberta a inscrición para a aula de Teatro gratuíta do Concello de Cariño


• As persoas interesadas poden anotarse ata o venres 11 de febreiro na Casa da Cultura ou no teléfono 981 420 216.

O Concello de Cariño abriu hoxe o prazo de inscrición para participar na aula de Teatro 2022. Unha actividade gratuíta dirixida a todos os públicos, a partir de 6 anos, que levará a cabo no Auditorio municipal e estará impartida por Pepablo Patinho, de Teatro Ghazafelhos.
As clases, que empezarán o martes 15 de febreiro organizaranse por grupos de idade e terán lugar os martes, en horario de tarde. As persoas interesadas poden anotarse ata o venres 11 de febreiro na Casa da Cultura ou no teléfono 981 420 216.